Autorizado o último estudo arqueolóxico no Barrio do Cura, onde está prevista a construcción de 262 vivendas | Observatorio de Vivenda

Autorizado o último estudo arqueolóxico no Barrio do Cura, onde está prevista a construcción de 262 vivendas

Autorizado o último estudo arqueolóxico no Barrio do Cura, onde está prevista a construcción de 262 vivendas

A Consellería de Cultura autorizou a realización do estudo arquelóxico que faltaba por realizar para que se puidese comezar o proxecto urbanístico do Barrio do Cura en Vigo. Debido a gran amplitude do terreo onde esta proxectada, en novembro de 2021, os expertos decidiron dividir en dúas fases a exploración das que a primeira xa foi realizada, sen atopar restos de ningún valor arqueolóxico, mentres que a segunda estivo paralizada por problemas burocráticos ata agora esperándose que comece nas próximas datas.

Agora ,coa luz verde da Xunta ao estudo dos terreos, a promotora do proxecto, Gestilar, confía en poder comezar as obras das novas vivendas do Barrio do Cura a finais deste mesmo ano sempre que no se atopen restos con un valor arqueolóxico e patrimonial importante, xa que as actuacións están previstas nun solar situado no Casco Vello de Vigo declarado no ano 2006 coma ben de interese cultural coa categoría de conxunto histórico por parte do Goberno autonómico.

Unha vez rematados estes estudos está prevista a construcción de 262 vivendas no Barrio do Cura, das que o trinta por cento espérase que sexan protexidas, ademáis doutras accións urbanísticas, dándolle unha cara nova a este barrio do centro vigués.

Fonte.- La Voz de Galicia