Avanza o proxecto de rehabilitación de Pazo de Besada situado no concello de Poio | Observatorio de Vivenda

Avanza o proxecto de rehabilitación de Pazo de Besada situado no concello de Poio

Avanza o proxecto de rehabilitación de Pazo de Besada situado no concello de Poio

O proxecto da rehabilitación do Pazo de Besada situado no concello de Poio, en Pontevedra, recibiu o pasado martes 7 de xullo a aprobación da Comisión de Urbanismo, de xeito que agora será remitido á Deputación de Pontevedra. Esta acuación financiarase a través do Plan Concellos 2020 e contará cun presuposto que rondará os 500.000 euros aproximadamente. 

A mellora das instalacións do Pazo de Besada permitirá facer realidade o traslado a este emprazamento de varios dos servizos que na actualidade préstanse na Casa Rosada. No proxecto apóstase por habilitar un espazo para Servizos Sociais na planta baixa, que incluiría áreas para persoas maiores, nas que os usuarios terían ocasión de participar en diferentes actividades. Ademáis, tamén se contempla dotar ao inmoble de despachos administrativos, así como o traslado do Centro de Información á Muller (CIM). 

 

Fonte | Diario de Pontevedra