Avanza a planificación do plan de viabilidade do parque empresarial de Coristanco | Observatorio de Vivenda

Avanza a planificación do plan de viabilidade do parque empresarial de Coristanco

Avanza a planificación do plan de viabilidade do parque empresarial de Coristanco

O director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), mantivo o pasado 23 de xullo unha xuntanza con alcalde de Coristanco, para avanzar na planificación do plan de viabilidade do parque empresarial de Coristanco, presentado polo Concello. Coa aprobación do plan de viabilidade o parque empresarial queda plenamente incorporado ao plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia. 

O próximo paso a dar será a confirmación da demanda existente por parte de empresas interesadas en asentarse neste parque, o que permitirá dimensionar as fases do mesmo. Por outra parte, tamén se traballaré en determinar necesidades de conexións exteriores do mesmo, especialmente no que se refire á posible demanda de auga e enerxía eléctrica do parque e ás necesidades de saneamento do mesmo. 

O futuro parque empresarial de Coristanco emprazarase no enlace entre as estradas AC 552 e AG 55, na parroquia de Oca, e terá unha superficie total próxima aos 175.000 metros cadrados. 

 

Fonte | IGVS