Aviturga informa que o Orzán acumula o maior número de vivendas de uso turístico en A Coruña | Observatorio de Vivenda

Aviturga informa que o Orzán acumula o maior número de vivendas de uso turístico en A Coruña

Aviturga informa que o Orzán acumula o maior número de vivendas de uso turístico en A Coruña

A cidade de A Coruña acumula xa 1.277 aloxamentos de uso turístico, que dispoñen de 6.312 prazas, e acumula o 55,7% da capacidade que ten hoxe en día A Coruña para acoller viaxeiros. Segundo os datos da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga), a rúa Orzán acumula o maior número de vivendas de uso turístico na cidade, con 39, a maioría en edificios destinados por completo a este uso. En contraposición, a contorna da praza de Lugo non ten ningunha VUT rexistrada, sendo a excepción na cidade. 

O presidente da Asociación de Veciños Ensenada do Orzán sinala que o motor económico do Orzán é o ocio, e, sumado á cantidade de edificios en mal estado, cada vez despraza máis ás familias. Segundo Méndez, "a última vez que miramos había 48 edificios en ruínas na zona. A xente que ten diñeiro aproveita e os compra por dous duros, convertendo os pisos neste tipo de aloxamentos. Así, o barrio vaise quedando só con turistas, xente con baixos ingresos ou estudantes, que son os que aceptan vivir nestas condicións". 

Dende Aviturga insisten en que "máis do 75 % de vivendas de uso turístico da cidade correspóndense con propietarios que comercializan unha única vivenda para completar a súa economía familiar. (...) Non existen grandes corporacións que xestionen parques de vivendas destinadas ao turismo". Ademais, calculan que «o impacto das vivendas de uso turístico nesta cidade supera os 90 millóns de euros».

Fonte.- La Voz de Galicia