A axencia de calificación financeira DBRS espera unha estabilización de prezos | Observatorio de Vivenda

A axencia de calificación financeira DBRS espera unha estabilización de prezos

A axencia de calificación financeira DBRS espera unha estabilización de prezos

A axencia de calificación financeira DBRS espera unha estabilización de prezos da vivenda en Europa, identifica como principal risco un posible aumentodos tipos de interés.

O informe sinala que os aumentos de prezos foron do 6,8% na eurozona e dun 7,3% na Unión Europea no segundo trimestre de 2021, en comparación co mesmo trimestre de 2020. En países como Reino Unido, Alemania ou Países Baixos experimentaron un crecemento dos prezos de entre o 10,5% e o 13%, mentres que España, Irlanda, Francia e Portugal rexistraron un crecemento menor pero estable, dun 3,3%, 5,6% e do 6,6% respectivamente. Italia rexistrou un crecemento ínfimo do 0,4% interanual. 

DBRS sinala que o risco agora reside nun posible aumento dos tipos de interés, pois iso desembocaría nun aumento dos prezos das hipotecas e da capacidade de financiación.

 

Fonte | The Portugal News