A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística aproba o plan de inspección para o período 2020-2021 | Observatorio de Vivenda

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística aproba o plan de inspección para o período 2020-2021

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística aproba o plan de inspección para o período 2020-2021

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) aproba un plan de inspección para o período 2020-2021. A finalidade deste documento é determinar os obxectivos principais e as actuacións prioritarias da Axencia, coa finalidade de mellorar a calidade e a eficacia da disciplina urbanística ao servizo da cidadanía e de garantir a obxectividade nas súas actuacións. 

Concretamente, neste Plan regúlanse as operacións de vixilancia e inspección prestando especial atención aos territorios dos municipios costeiros, de aqueles concellos con espazos naturais ou áreas de especial interese paisaxístico, ou de aqueles por onde transcurran as rutas dos Camiños de Santiago normativamente delimitados. 

 

Fonte | Xunta de Galicia