Axencias inmobiliarias tratan de esquivar a Lei de Vivenda con inquilinos estafados e caseiros que se negan a pagar á axencia | Observatorio de Vivenda

Axencias inmobiliarias tratan de esquivar a Lei de Vivenda con inquilinos estafados e caseiros que se negan a pagar á axencia

Axencias inmobiliarias tratan de esquivar a Lei de Vivenda con inquilinos estafados e caseiros que se negan a pagar á axencia

Tras catro meses desde a entrada en vigor da lei de vivenda, a cal prohibe ás axencias cobrar ao inquilino polos seus servizos e só permite trasladar ese gasto ao caseiro, aínda hai algunhas inmobiliarias que seguen realizando esa práctica ilegal, do mesmo xeito que moitas outras axencias tratan de sortear a norma con diferentes argucias.

Doutra banda, son moitas as inmobiliarias que abandonaron o mercado do alugueiro para centrarse unicamente no de compravenda de vivendas, prexudicando, unha vez máis, aos inquilinos. Por unha banda, algunhas inmobiliarias realizan a cobranza ilegal dunha comisión, esixindo unha renda polos servizos de intermediación. Outras disfrazan os importes que lle cobran aos inquilinos por "estudos de vulnerabilidade", por exemplo. Outra práctica habitual é a de camuflar contratos de alugueiro de vivenda habitual con contratos de alugueiro de tempada.

A organización OCU, onde seguen chegando reclamacións de consumidores sobre este aspecto, levou a cabo acciones de mystery shopping e ha concluído que "hai axencias que seguen impoñendo comisión ao inquilino", polo que están a valorar a viabilidade xurídica das infraccións para proceder a unha posible denuncia.

Fonte.- El País