Axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018 - 2021 (2019). IGVS, Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018 - 2021 (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018 - 2021 (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Este programa consiste en dúas liñas de axudas co obxecto de facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos. Consta das seguintes liñas:

  • Liña A: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda, en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda varía en función do grupo de idade (18 - 64 anos, 40% da renda mensual; 65 ou máis anos, 50% da renda mensual).
  • Liña B: axuda dirixida a persoas con escasos medios económicos que non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude. A contía da axuda é do 50% da renda mensual do alugueiro.

Os requisitos das persoas beneficiarias son ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España e ser titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima du ano. Ademáis, os ingresos da unidade de convivencia deben estar comprendidos no intervalo de 0,7 a 2 veces o IPREM, agás casos especiais.

Máis información

Diario Oficial de Galicia: 11 de setembro de 2019