Axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas para o ano 2021. Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas para o ano 2021. Xunta de Galicia.

Axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas para o ano 2021. Xunta de Galicia.

Esta resolución ten por obxecto convocar para o exercicio 2021, con financiamento plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo que teñan máis de dez anos de antigüidade e que non estean descualificados. Esta convocatoria de axudas rexerase polo disposto na Resolución do 4 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo IGVS e se abre a súa convocatoria para o ano 2019. A citada resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 77, do 23 de abril de 2019.

Esta liña de axudas atópase incluída no recentemente publicado Pacto da vivenda de Galicia 2021-2025.

Máis información