Axudas do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero para o ano 2021. Xunta de Galcia. | Observatorio de Vivenda

Axudas do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero para o ano 2021. Xunta de Galcia.

Axudas do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero para o ano 2021. Xunta de Galcia.

Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, así como a prórroga destas axudas para todas as persoas que resultasen beneficiarias deste programa nos anos 2019, 2020 e 2021, con financiamento do pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Esta liña de axudas atópase incluída no recentemente publicado Pacto da vivenda de Galicia 2021-2025.

Máis información