As axudas europeas para rehabilitar vivendas permitirán rexenerar barrios completos en Galicia | Observatorio de Vivenda

As axudas europeas para rehabilitar vivendas permitirán rexenerar barrios completos en Galicia

As axudas europeas para rehabilitar vivendas permitirán rexenerar barrios completos en Galicia

A aprobación do Plan de Recuperación do Goberno por parte da Comisión Europea activou a maquinaria normativa para mobilizar os investimentos dos fondos Next Generation. Así, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana acaba de sacar a información pública o proxecto de real decreto que regulará as axudas á rehabilitación residencial e vivenda social, que teñen como obxectivo renovar o parque de vivendas de España e mellorar a súa eficiencia enerxética, un dos obxectivos das políticas de transición ecolóxica.

As axudas repartiranse en seis obxectivos, un dos cales é favorecer a rexeneración integral de barrios urbanos. Pero tamén haberá diñeiro para as oficinas de rehabilitación, actuacións en comunidades de propietarios e axudas para a eficiencia enerxética de vivendas, ademais da construción de edificios destinados ao alugueiro social.

Para iso, o Ministerio de Transportes disporá ata o 2026 de 4.420 millóns que serán xestionados polas comunidades autónomas, de forma que as subvencións que convoquen as comunidades deberán guiarse por este decreto e terán que destinar o 30 % destes recursos á rexeneración de barrios.

A primeira anualidade xa está reflectida nos Orzamentos en vigor: 1.580 millóns de euros, dos que 1.151 repartiranse entre as comunidades para os programas de rehabilitación. Nesta primeira repartición seguiuse o criterio poboacional, polo que a Galicia correspóndelle o 5,85 % desa cantidade, 67,2 millóns.

Fonte | La Voz de Galicia