Axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas para o ano 2021. Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas para o ano 2021. Xunta de Galicia.

Axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas para o ano 2021. Xunta de Galicia.

Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2021 as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, que poderán consistir en:

a) Préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas concedidos polas entidades de crédito, no ámbito dos convenios asinados para estes efectos co Instituto Galego da Vivenda e Solo.

b) Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado outorgado pola entidade financeira.

A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto nesta convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Esta liña de axudas atópase incluída no recentemente publicado Pacto da vivenda de Galicia 2021-2025.

Máis información