Axudas á mellora da eficiencia enerxética en vivendas de promoción pública (2019). IGVS, Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Axudas á mellora da eficiencia enerxética en vivendas de promoción pública (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Axudas á mellora da eficiencia enerxética en vivendas de promoción pública (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Estas axudas están cofinanciadas con fondos europeos a través do programa operativo Feder 2014-2020, e o seu importe máximo pode chegar ata o 80% do orzamento total da obra. Serán compatibles coas subvencións destinadas á reparación, rehabilitación e/ou adaptación dos edificios de vivenda promovidos polo IGVS.

Poderán acollerse a esta convocatoria as comunidades de propietarios de edificios de vivendas protexidas promovidos polo IGVS ou transferidos ao mesmo, que constitúan a totalidade dun mesmo edificio ou dun conxunto de vivendas unifamiliares e que vaian realizar as actuacións de mellora de eficiencia enerxética obxecto desta convocatoria.

Considéranse actuacións subvencionables aquelas obras integrais de mellora de eficiencia enerxética que supoñan a redución mínima da demanda de enerxía en calefacción do edificio nun 20% e a mellora dunha letra na escala de cualificación enerxética en emisións de CO2.

Máis información

Diario Oficial de Galicia 30 - 04 - 2019