Axudas á mellora da eficiencia enerxética, a seguridade e a accesibilidade de vivendas (2019). IGVS, Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Axudas á mellora da eficiencia enerxética, a seguridade e a accesibilidade de vivendas (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Axudas á mellora da eficiencia enerxética, a seguridade e a accesibilidade de vivendas (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Esta axuda ten como obxecto desenvolver os programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e de accesibilidade incluídos no Plan Estatal de Vivenda 2018 – 2021. 

Consta de dúas liñas de axudas diferenciadas:

-    Liña A: dirixida a subvencionar obras que incidan na eficiencia enerxética e na sustentación en vivendas, con especial atención á envolvente dos edificios.
-    Liña B: para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade de vivendas.

Poderán ser beneficiarias das axudas:

  -    Persoas físicas, así como persoas xurídicas de natureza privada, xa sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.
  -    As comunidades de persoas propietarias, así como as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
  -    As agrupacións de persoas propietarias.
  -    As sociedades cooperativas compostas por agrupacións de persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non outorgasen o título constitutivo da división horizontal, así como por persoas propietarias que conforman comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias.
  -    As empresas construtoras, inquilinas ou concesionarias de edificios, así como as cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato coa propiedade que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto das axudas previstas nesta resolución.
  -    As persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda.


Máis información

Diario Oficial de Galicia 30 - 07 - 2019