Axudas para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (2019). IGVS, Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Axudas para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Axudas para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia destina unha partida de 6,4 millons de euros para financiar a través de préstamos sen xuros actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación. As mesmas van destinadas a concellos de poboación inferior aos 50.000 habitantes.

O prazo para as solicitudes por parte dos concellos rematará o día 1 de outubro de 2019 ou no momento no que se esgote o crédito orzamentario.

Poderán financiarse as seguintes actuacións:

  -    Actuacións promovidas polos concellos no desenvolvemento das competencias que lles atribúe a lexislación urbanística, en relación cos deberes de conservación e rehabilitación.
  -    Actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas realizadas polo concello dentro das propias políticas municipais en materia de conservación e recuperación do patrimonio construído.
  -    Adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.

Máis información

Diario Oficial de Galicia 24 - 06 - 2019