Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos. Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos. Xunta de Galicia

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos. Xunta de Galicia

Axudas que poden acadar os 3.000 euros no caso dos particulares a ta 40.000 entidades locais a subvención poderá chegar ata os 40.000 euros. Estas axudas están dirixidas a propietarios particulares e a concellos co fin de apoialos na execución de actuacións destinadas a corrixir os impactos paisaxísticos. Na liña dirixida a particulares prevese a posibilidade de actuar sobre fachadas, cubertas e muros de peche e, financiarase a retirada de elementos adxacentes aos bens nos que se vaia intervir cando estes prexudiquen a súa imaxe ou causen algún impacto. As actuacións promovidas polos concellos poderán ser obras de índole menor que melloren o aspecto e conservación de elementos etnográficos como fontes, lavadoiros públicos, palcos de música e hórreos, ou ben incidir na renovación e remate exterior de fachadas, cubertas e muros de cerramento de edificios municipais.

Os prazos para a presentación de solicitudes para particulares será dun mes de prazo contado a partir do martes, 16 de xaneiro. No caso dos concellos poderán facelo a partir das 12:00 horas do día 16 de xaneiro e ata o 29 de febreiro. Cómpre ter en conta que se considerará esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria.

Máis información

Diario Oficial de Galicia