Axudas para préstamos sen xuros para rehabilitar e conservar edificacións municipais nos concellos de menos de 50.000 habitantes. Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Axudas para préstamos sen xuros para rehabilitar e conservar edificacións municipais nos concellos de menos de 50.000 habitantes. Xunta de Galicia

Axudas para préstamos sen xuros para rehabilitar e conservar edificacións municipais nos concellos de menos de 50.000 habitantes. Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia pon este ano á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un total de 6,36 millóns de euros para a concesión de préstamos sen xuros destinados a financiar obras de rehabilitación e conservación en edificacións que formen parte do patrimonio municipal. A partir do 25 de agosto e ata o vindeiro 31 de outubro, os municipios interesados poderán presentar as súas solicitudes ao fondo para acceder a préstamos sen xuros e que poden devolver á Xunta nun prazo de como máximo 8 anos.

Tal e como explicou a vicepresidenta, o importe concedido poderá destinarse a financiar, na súa totalidade ou parcialmente, actuacións de conservación e rehabilitación de edificacións municipais, á compra de inmobles con intención de incorporalos ao patrimonio do concello e acometer posteriormente a súa rehabilitación, ou á elaboración de plans especiais de protección.

Máis información

Diario Oficial de Galicia