Axudas para a rehabilitación de inmobles. Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Axudas para a rehabilitación de inmobles. Xunta de Galicia

Axudas para a rehabilitación de inmobles. Xunta de Galicia

Axudas de ata 8.000 euros para contribuír a financiar obras de rehabilitación de inmobles incluídos no Programa de mobilización de vivendas para o alugueiro. 

Cunha dotación global de 196.000 euros, a convocatoria deste ano do chamado Programa Rehaluga permitirá conceder subvencións por importes que se moverán entre un máximo de 3.000, de 5.000 ou de 8.000 euros en función do prezo do alugueiro e do concello no que estea localizada a vivenda en cuestión.

Os propietarios ou usufrutuarios das vivendas nas que se vaia actuar terán de prazo para presentar as súas solicitudes desde o 5 de abril, e ata o vindeiro 4 de novembro — se non se esgota antes o orzamento —.

Entre os tipos de actuacións para as que se poderán solicitar axudas figuran as obras de conservación e mantemento dos inmobles, así como as de rehabilitación que sexan necesarias para garantir a habitabilidade da vivenda e o correcto funcionamento das súas instalacións. Tamén serán subvencionables os axustes na distribución do inmoble que non impliquen unha alteración substancial do mesmo; a adquisición e colocación de mobiliario de cociña e electrodomésticos; e o cambio de sanitarios, bañeira e mamparas.

Máis información

Diario Oficial de Galicia