Axudas para a rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública. Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Axudas para a rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública. Xunta de Galicia

Axudas para a rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública. Xunta de Galicia

Axudas para a reparación, rehabilitación e/ou adaptación de vivendas de promoción pública nas que se destinarán 1 millón de euros.

Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de propietarios de inmobles promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) que teñan máis de 10 anos de antigüidade ou nos que o réxime de protección se extinguira nos tres anos anteriores.

Entre as actuacións subvencionables, inclúense as necesarias para levar a cabo a adecuación ás condicións de seguridade e de habitabilidade. Deste xeito, poderán recibir financiamento obras que garantan a estabilidade, resistencia e solidez estrutural e construtiva do inmoble, así como aquelas relativas á seguridade contra incendios e fronte a accidentes ou sinistros. Así mesmo, tamén se inclúen actuacións que proporcionen estanquidade ao inmoble fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico, ou mellora das instalacións de calefacción.

Máis información

Diario Oficial de Galicia