Axudas á rehabilitación de inmobles en concellos de menos de 50.000 habitantes (2019). IGVS, Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Axudas á rehabilitación de inmobles en concellos de menos de 50.000 habitantes (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Axudas á rehabilitación de inmobles en concellos de menos de 50.000 habitantes (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia vén de convocar tres liñas de axudas á rehabilitación que permitirá facilitar o acceso a unha vivenda nos concellos de menos de 50.000 habitantes, cun orzamento preto de 8,5 millóns de euros. 

Este programa destinará 6,4 millóns de euros para apoiar a través de préstamos sen xuros estas actuacións, así como para facilitar aos concellos a realización de actuacións subsidiarias naqueles casos nos que os propietarios das vivendas se desatendan das súas obrigas. 

Os restantes dous programas son para apoiar aos concellos na recuperación de vivendas de mestres ou doutros colectivos e vivendas de titularidade municipal, dirixidas aos municipios de menos de 20.000 habitantes nas que existan demandantes de vivenda, e o programa de rehabilitación de inmobles que non reúnen uns requisitos mínimos de habitabilidade para aos concellos de menos de 10.000 habitantes.
 
Xunto coas 3 liñas anteriores hai máis de 10 liñas de actuación para fomentar a rehabilitación para recuperar e mellorar o patrimonio edificatorio e urbano de Galicia.

Máis información

Diario Oficial de Galicia 02 - 07 - 2019