Axudas á rehabilitación nas ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (2019). IGVS, Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Axudas á rehabilitación nas ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Axudas á rehabilitación nas ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Convócanse as subvencións para o ano 2019 do Programa de Fomento da Rexeneración e Renovación urbana e Rural correspondente ás áreas de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que se tramitan co código de procedemento VI408H.

No ámbito ARI para o Camiño de Santiago poderán ser beneficiarias:

  -    As comunidades de persoas propietarias e agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
  -    As agrupacións de persoas propietarias.
  -    As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

No ámbito da ARI para o Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das recollidas no número anterior, tamén poderán ser persoas beneficiarias das subvencións desta convocatoria:

  -    As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
  -    As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.

A contía máxima calcularase multiplicando o número de vivendas polas axudas unitarias establecidas a seguir:

  -    Ata 12.000 € por cada vivenda que se rehabilite, para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética nos termos establecidos no artigo 36 do Real decreto 109/2018, do 9 de marzo.
  -    Ata 8.000 € por cada vivenda que se rehabilite, sexa unifamiliar ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, para actuacións de conservación, da mellora na seguridade e da accesibilidade en vivendas declaradas ben de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.
  -    Ata 30.000 € por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida.

As axudas poderán incrementarse nun 25%, cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

O IGVS subvencionará as actuacións nas ARI do Camiño de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas, coa contía máxima seguinte:

  -    Ata 4.000 € por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación e/ou renovación, sen que a subvención poida exceder o 10% do orzamento protexido de actuación da vivenda ou do edificio.
  -    Ata 1.000 € por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación e/ou renovación, se se adapta á Guía de cores e materiais aprobada pola Xunta de Galicia.

Máis información no IGVS

Diario Oficial de Galicia 10 - 07 - 2019