Baiona convértese no concello con maior prezo da vivenda, segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

Baiona convértese no concello con maior prezo da vivenda, segundo Fotocasa

Baiona convértese no concello con maior prezo da vivenda, segundo Fotocasa

A través dos datos que aporta o último informe do portal inmobiliario especializado Fotocasa, e que tamén confirma a tasadora Tinsa, dende a pandemia Baiona é a zona costeira de España na que máis aumentou o valor inmobiliario, debido principalmente a ser un imán turístico xunto á situación urbanística con escasa oferta de vivenda nova. Actualmente, unha vivenda de 70 metros cadrados no concello miñorano alcanza os 200.000 €, a razón de 2.850 €/m2, o dobre que en concellos como Tui ou O Porriño.

En Galicia tan só sete concellos superan a barreira dos 2.000 €/m2, sendo Baiona a máis cara agora mesmo, superando a Sanxenxo (2.845 €/m2), que dominaba o ránking ata este momento. Séguelles A Coruña (2.737 €/m2), Santiago (2.555 €/m2) e Pontevedra (2.210 €/m2). O outro concello da ría de Vigo coa vivenda máis cara é Cangas, situándose en 1.940 €/m2. Na zona de influencia viguesa, as maiores subidas trimestrais rexistranse en Tui (9%), Soutomaior (8,9%) e A Guarda (8,9%). Tamén en Cangas e Moaña estanse disparando os prezos, con aumentos do 3,6% e do 3% respectivamente. Doutra banda, as maiores caídas nos prezos rexistranse en O Porriño, do 6,8%. 

Dos 56 concellos analizados por Fotocasa no seu informe, no 64 % prodúcense incrementos, é dicir, dous de cada tres. É un reflexo do que ocorre no conxunto de Galicia, onde a media do prezo da vivenda subiu un 1,2 %. Outro informe publicado polo outro gran portal web, Idealista, informa que na comunidade incrementouse o prezo do alugueiro no 5,4% trimestral, destacando Vigo, onde a renda disparouse outro 4,5%, alcanzando os 9,8 €/m2, a máis cara, seguida por A Coruña (9,6 €/m2) e Santiago de Compostela (8,8 €/m2).

Fonte.- La Voz de Galicia