Baleares, Marbella e Costa Brava sitúanse entre os mellores destinos do mundo para adquirir unha vivenda de uso vacacional segundo a inmobiliaria Savills | Observatorio de Vivenda

Baleares, Marbella e Costa Brava sitúanse entre os mellores destinos do mundo para adquirir unha vivenda de uso vacacional segundo a inmobiliaria Savills

Baleares, Marbella e Costa Brava sitúanse entre os mellores destinos do mundo para adquirir unha vivenda de uso vacacional segundo a inmobiliaria Savills

A lista elaborada pola consultora inmobiliaria Savills a través dun estudo a partir dos prezos dos inmobles, as posibilidades de lecer e a hospitalidade para coñecer cales son os mellores lugares do mundo para a adquisición dunha vivenda de uso vacacional, sitúa en primeiro lugar a Costa Azul francesa.

Na lista tambien atópanse nas primeiras posiciones tres cidades españolas: Mallorca en quinto lugar, a Costa Brava no oitavo, Marbella no posto 17 e Eivissa no posto número 20, pechando a lista. Todos estes lugares contan, segundo a inmobiliaria, con condicións como dispoñer de bos restaurantes, bos hoteis na zona, calidade de vida e boa conectividade por vía aérea, entre outros factores analizados. 

No caso de Mallorca, esta destaca pola súa elevada oferta de lecer e hospitalidade sobresaliente, atópase tras a Costa Azul de Mónaco, que logra a maior puntuación no prezo das vivendas de luxo, seguida por Aspen, un dos lugares máis populares de Estados Unidos. No cuarto lugar está a Toscana, cunha puntuación semellante á de Mallorca. En canto á Costa Brava, esta debe mellorar os prezos das vivendas de luxo, pero obtén mellores puntuacións que Mallorca noutros factores como a conectividade ou as ofertas de lecer.

Fonte.- Idealista