Barbanza sitúase á cola de Europa en investimento en vivenda social | Observatorio de Vivenda

Barbanza sitúase á cola de Europa en investimento en vivenda social

Barbanza sitúase á cola de Europa en investimento en vivenda social

Coa apertura das portas das vivendas dos mestres de Rianxo, a bolsa de vivenda social en todo o territorio barbanzano sitúase en 104 fogares, unha cifra que non parece demasiado elevada para unha zona con máis de 115.000 habitantes. Se se toman como referencia os datos publicados polo Observatorio de Vivenda e Solo fai unhas semanas, a comarca atópase á cola de Europa en canto a investimento nesta materia.

De feito, os 300.000 euros dedicados pola Administración autonómica á rehabilitación desas casas dos mestres de Rianxo son o principal investimento realizado na comarca nos últimos anos por este concepto. O propio Concello rianxeiro puso a disposición da Xunta un terreo para levantar novos inmobles de promoción pública fai máis dunha década, pero o proxecto nunca chegou a materializarse, igual que ocorreu en Noia, onde non se constrúen vivendas sociais desde a primeira metade da década dos 80. A última gran promoción deste tipo é a que se adxudicou en Xarás, no municipio de Ribeira, no 2015.

A veintena de domicilios desta urbanización forma parte dos 91 inmobles propiedade do IGVS adxudicados en réxime de alugueiro. Estes, xunto aos oito de Rianxo e aos cinco que están cedidos baixo o convenio entre a Xunta e as entidades bancarias dentro do programa de vivendas vacías, elevan a cifra de casas sociais en Barbanza a 104, o que supón que a oferta é ínfima, apenas 0,1 vivenda por cada cen habitantes.

Esta proporción está incluso por debaixo da media de Galicia, que se sitúa en 0,3, mentres que o conxunto de España achégase a un domicilio por cada cen habitantes, segundo os datos recopilados polo observatorio estatal.

Fonte | La Voz de Galicia