Barcelona adxudica tres novas promocións de covivenda | Observatorio de Vivenda

Barcelona adxudica tres novas promocións de covivenda

Barcelona adxudica tres novas promocións de covivenda

O Concello de de Barcelona, ​​a través do Instituto Municipal de la Vivienda y Rehabilitación, fixo públicas as propostas gañadoras do concurso para construir novos edificios en réxime de cesión de uso. Tres cooperativas construirán novas promocións de covivenda en terrenos municipais nos distritos de Sants-Montjuïc, Sant Andreu e Nou Barris.

Todas elas presentáronse por concurso público e a partir do proxecto social cooperativo presentado foron seleccionadas para unha segunda fase na que se tiveron en conta a relación do proxecto arquitectónico co espazo e criterios como o confort acústico e a eficiencia enerxética das propostas. Os tres proxectos suporán a construcción dun total de 102 novas vivendas cooperativas.

Esta é a segunda licitación pública de solares que puxo en marcha o Concello de Barcelona, a cal reforza un dos eixos de actuación do consistorio incluidos no Plan polo Dereito á Vivenda 2016-2025, centrado na ampliación do parque público de vivenda na cidade de Barcelona, ​​ofrecendo novas oportunidades a cooperativas e promotoras sociais de vivenda. A día de hoxe, púxose a disposición do movemento cooperativo un total de 10 solares para construir unhas 250 vivendas.

A estos proxectos, ademáis, hai que engadir dous que xa están en funcionamiento. Trátase de dous edificios con 5 e 28 viviendas en réxime de cooperación onde os veciños xa viven, nos districtos de Ciutat Vella e de Sants-Montjuïc.

Fonte | Idealista