Barcelona apraza dous meses as cuotas do parque público | Observatorio de Vivenda

Barcelona apraza dous meses as cuotas do parque público

Barcelona apraza dous meses as cuotas do parque público

O Instituto Municipal da Vivenda e da Rehabilitación de Barcelona (IMHAB) ampliou o aprazamento do cobro das cuotas do recibo ás familias que viven en vivendas xestionadas a través do IMHAB. A ampliación afecta a tódolos locais xestionados polo organismo e o cobro aprázase ata o 1 de outubro. 

Con esta nova medida, os recibos correspondentes aos meses de abril, maio, xuño, xullo, agosto e setembro quedarán aprazados ata o mes de outubro, cando se normalizará o xiro de recibos. A partir do día 1 abonaranse as mensualidades aprazadas e, para facer máis asumible o pago, o IMHAB estableceu un abono prorrateado nos 54 meses seguintes, é dicir, entre outubro de 2020 e marzo de 2025. Se é necesario, rebaixarase para adaptala as novas condicións de cada familia. 

A moratoria aplicarase de maneira automática e beneficiaranse cerca de 10.000 familias. 

 

Fonte | idealista