Barcelona crea unha unidade especializada en axilizar as licencias de rehabilitación | Observatorio de Vivenda

Barcelona crea unha unidade especializada en axilizar as licencias de rehabilitación

Barcelona crea unha unidade especializada en axilizar as licencias de rehabilitación

Coa fin de facilitar o trámite de licencias, o Concello de Barcelona creou unha nova unidade special única para ofrecer atención especializada á cidadaanía e axilizar os trámites e o outorgamento de licencias co obxectivo de promover a rehabilitación de inmobles e favorecer a xeración de emprego.

A nova unidade especializada quere reducir á metade o tempo que se precisa para conceder as licencias para rehabilitar edificios e vivendas. Para facelo posible, informará e acompañará aos promotores no proceso de tramitación de permisos e garantizará a comunicación áxil e os seguemento de expedientes durante todo o proceso, ofrecendo interlocutores accesibles.

En todo o proceso teranse en conta as demandas e as necesidades do sector e se recollerán as propostas do Colexio Oficial de Arquitectos de Cataluña (COAC), o Observatorio de Barcelona para a Rehabilitación Arquitectónica (OBRA) e os colexios profesionais.

Ao principio o servizo atenderá as solicitudes de licencias maiores e realizará funcións de asesoría e de difusión de boas prácticas. Máis adiante activarase a solicitude e a asesoría das licencias de gran rehabilitación.

Fonte | Idealista