Barcelona destinará 20,5 millóns á rehabilitación de vivendas para este 2020 | Observatorio de Vivenda

Barcelona destinará 20,5 millóns á rehabilitación de vivendas para este 2020

Barcelona destinará 20,5 millóns á rehabilitación de vivendas para este 2020

O Concello de Barcelona abriu unha nova convocatoria de axudas de 20,5 millóns de euros para a rehabilitación de vivendas, que será para este 2020 e que estarán enfocadas á eficiencia enerxética e á reactivación económica. Estas axudas inclúen diferentes liñas coas que se pretende chegar a 6.573 pisos e a máis de 16.000 persoas, e entre as que se atopan a mellora de elementos comúns e o interior das vivendas, a rehabilitación de edificios con comunidades vulnerables e territorios específicos.

En concreto, destinaránse 6,3 millóns á mellora de elementos comúns con eficiencia enerxética; tres millóns en axudas de ata 4.000 euros para mellorar o interior de vivendas (prevén chegar a uns 750 pisos), e 6,2 millóns á intervención en fincas de alta complexidade. Tamén investirán 2,5 millóns na captación e rehabilitación de pisos para a Bolsa de alugueiro (prevén atuar nuns 750 pisos).

Fonte | Idealista