Barcelona e Madrid as cidades que máis rápido venden | Observatorio de Vivenda

Barcelona e Madrid as cidades que máis rápido venden

Barcelona e Madrid as cidades que máis rápido venden

Segundo un estudo do portal inmobiliario Idealista Madrid e Barcelona lideraron a vente de vivendas máis precoz en febreiro. En Barcelona, o 29% das vivendas atoparon comprador en menos dunha semana. No caso de Madrid, esa porcentaxe foi do 23%.

A nivel nacional, o 15% das vivendas vendidas en febreiro levaban menos dunha semana no mercado. E un 17% necesitou entre unha semana e un mes para atopar comprador. Así se desprende dun estudo do portal inmobiliario Idealista.

O 22% das casas ofertadas en Idealista tarda entre un e tres meses en atopar comprador, mentres que o 16% mantense en venda máis dun ano. O 30,3% das vivendas vendéronse cando levaban entre tres meses e un ano buscando un novo propietario.

Fonte | El Español