Berlín, Londres e París, as cidades europeas que espertan máis interese entre os grandes inversores inmobiliarios en 2021 | Observatorio de Vivenda

Berlín, Londres e París, as cidades europeas que espertan máis interese entre os grandes inversores inmobiliarios en 2021

Berlín, Londres e París, as cidades europeas que espertan máis interese entre os grandes inversores inmobiliarios en 2021

A pesar de que a pandemia sanitaria está en plena terceira ola, os grandes inversores internacionais manteñen o foco nos activos inmobiliarios de toda Europa. Así o indica un estudo realizado pola consultora PwC e Land Urban Institute, onde fondos de investimento, promotoras, empresas patrimoniais e outros axentes do mercado resaltan o potencial do sector nun momento de baixos tipos de interese e incertidumbre económica. 

Este ano, Berlín volve a coronarse como a metrópoli que esperta máis interese no Vello Continente, grazas a factores como o seu asentado mercado de oficinas e ás medidas que tomou o Goberno alemá para frear o avance do covid-19, mentres que a segunda cidade máis destacada é Londres, seguida de París, grazas á liquidez dos seus respectivos mercados inmobiliarios. 

Fráncfort, Ámsterdam, Hamburgo e Múnich están xusto por detrás do 'top 3', seguidas por Madrid. A capital é este ano o único nome español entre os 10 primeiros (posto 8), xa que Barcelona baixou do posto 9 ao 13, debido á intervención regulatoria en materia inmobiliairia e á inestabilidade política.

Fonte | Idealista