Boborás inicia un plan para a construción de vivendas modulares | Observatorio de Vivenda

Boborás inicia un plan para a construción de vivendas modulares

Boborás inicia un plan para a construción de vivendas modulares

O concello de Boborás prevé licitar nos próximos meses a redacción dun plan parcial urbanístico para recualificar un terreo dotacional de 20.000 metros cadrados e, así, destinalo á construción de vivendas. Por este motivo, o goberno local mantivo unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia. A previsión é a construción de vivendas modulares por fases, preparando oito vivendas na primeira fase e ir incrementando a oferta. A actuación, presupostada en 15.000 euros, forma parte dunha estratexia de atracción de poboación, que podería estar interesada no municipio pola proximidade a Ourense e Carballiño.

Fonte.- La Región