Británicos, franceses e alemáns, os estranxeiros que máis vivendas compraron en España en 2020 | Observatorio de Vivenda

Británicos, franceses e alemáns, os estranxeiros que máis vivendas compraron en España en 2020

Británicos, franceses e alemáns, os estranxeiros que máis vivendas compraron en España en 2020

Os estranxeiros compraron en España 46.303 vivendas o ano pasado, o que supón unha redución do 26% respecto de 2019, como consecuencia da situación vivida pola pandemia.

A cifra está lonxe do máximo da serie histórica, as 65.416 compras de 2018, pero queda en niveis similares a 2014 e moi por encima dos anos da anterior crise, representando o 11,32% do total, o que representa unha lixeira redución de 1,13 puntos porcentuais.

Os británicos, un ano máis, encabezan a compra en España con 6.043 vivendas en 2020, o que supuxo un 13,05% do total. Os franceses colócanse en segunda posición con 3.777 vivendas (un 8,16% das operacións e as alemás tiveron a terceira praza con 3.589 vivendas adquiridas no noso país en 2020 (un 7,75% do total).

Fonte | El Economista