Cae un 20% a compra de vivendas por estranxeiros, sendo o descenso máis acentuado entre abril e xuño | Observatorio de Vivenda

Cae un 20% a compra de vivendas por estranxeiros, sendo o descenso máis acentuado entre abril e xuño

Cae un 20% a compra de vivendas por estranxeiros, sendo o descenso máis acentuado entre abril e xuño

A COVID-19 recortou máis dun 20 % a compra de vivenda en España por parte de cidadáns estranxeiros e, aínda que segue perdendo forza trimestre tras trimestre debido á crise sanitaria e ao Brexit, os británicos seguen liderando as operacións no país.

Dende que arrancou o ano, os estranxeiros protagonizaron 36.850 compravendas de vivenda en España, unha cifra que contrasta coas máis de 47.150 que se rexistraban nos nove primeiros meses de 2019, segundo os datos que manexa o Colexio de Rexistradores.

No que vai de ano, a compravenda de vivenda por parte dos estranxeiros non deixou de cair, sendo o período cunha caída máis pronunciada o transcurrido entre abril e xuño, coincidindo co primeiro estado de alarma e as restriccións de mobilidade en moitos países, sumando 8.000 compravendas, o 46 % menos que os tres meses anteriores e o 10,6 % do total.

Unha vez levantado o estado de alarma en xuño e coa recuperación progresiva da actividade antes de que chegara a segunda ola da pandemia, as operacións creceron un 75 % no terceiro trimestre con respecto ao anterior e alcanzaron as 14.000. Porén, esta cifra foi un 7,5 % inferior á que se rexistraba un ano antes.

Pese a todo, Baleares, a Comunidade Valenciana, Canarias, Murcia, Cataluña ou Andalucía son as máis desexadas polos estranxeiros á hora de comprar unha vivenda en España.

Fonte | Hosteltur