Calcúlase que máis dun 20 % das casas e pisos de uso turístico pasáronse ao alugueiro tradicional ante a caída da demanda en Galicia | Observatorio de Vivenda

Calcúlase que máis dun 20 % das casas e pisos de uso turístico pasáronse ao alugueiro tradicional ante a caída da demanda en Galicia

O sector turístico está sendo un dos máis golpeados pola pandemia. Tanto que incluso os segmentos que mellor resistiron o tirón comezan a notalo. É o caso das vivendas de uso turístico. Aínda que tiveron mejjor temporada estival que hoteis e outras modalidades de aloxamento, debido a que os viaxeiros fuxiron dos servizos comúns, a caída da demanda está provocando que algunhas destas vivendas volvan ao mercado do alugueiro tradicional.

Se en decembro do 2019 había en Galicia 3.600 vivendas para arrendar, e en marzo (ao comenzo da crise sanitaria) esa cifra baixara a 3.200, os datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) para este mes de decembro sitúan o stock de vivenda alugable en 4.750 vivendas, nutrido en boa medida por ese retorno de casas e pisos orientados ao sector turístico.

Dar unha cifra exacta de cantas viviendas turísticas están cambiando de orientación é complexo, pero Fegein estima que entre un 20 e un 35 % do total están virando cara ao mercado de alugueiro tradicional en este último trimestre do ano. Os efectos xa se notaron no aumento de vivenda dispoñible, pero tamén nos prezos dos arrendamentos. 

Porén, ese cambio de orientación de negocio non se deixa sentir no rexistro de vivendas de uso turístico (VUT). Ao contrario, o listado oficial segue crecendo, e este mes de decembro xa supera a barreira das 12.000. En concreto, hai 12.042 rexistradas, case duas mil máis que ao inicio da pandemia (en marzo había 10.141), que suman algo máis de 64.000 prazas.

Fonte | La Voz de Galicia