Caldas de Reis terá unha nova subvención dos fondos ARI | Observatorio de Vivenda

Caldas de Reis terá unha nova subvención dos fondos ARI

Caldas de Reis terá unha nova subvención dos fondos ARI

Entre os concellos beneficiarios das axudas das Áreas de Rehabilitación Integral, ARIs, Caldas volve a apostar pola rexeneración e recuperación do seu casco histórico, sendo un dos catro concellos da provincia aos que se lle outorgou fondos para afrontar unha nova fase de financiamento.

Así, Caldas de Reis disporá de preto de 374.000 euros para a rehabilitación da súa zona monumental, cantidade apoiada polo incremento da axuda achegada polo Estado, que pasou de 237.000 a 297.000 euros.

Este incremento vai permitir abrir unha nova convocatoria de axudas que favorecerá a preto de 50 vivendas. 

 

 

Fonte | Faro de Vigo