Caldas pon en marcha estratexias de dinamización urbana e económica | Observatorio de Vivenda

Caldas pon en marcha estratexias de dinamización urbana e económica

Caldas pon en marcha estratexias de dinamización urbana e económica

A través do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) de Caldas e co obxectivo de abordar as diferentes estratexias xerais de aplicación deste proxecto para contribuir á potenciación económica e urbana do municipio, mantivéronse diferentes reunións no Concello para sentar as bases das inicitivas de impulso da rexeneración e renovación urbanas e a dinamización económica, comercial e turística coa xeneración de novos centros de actividade.

Para iso, abordouse xa o estudo preliminar de humanización de varios espazos públicos do municipio mediante a racionalización dos espazos de estacionamento e o impulso da mobilidade peatonal, así como a peatonalización progresiva do casco urbán (tal e como se establece no PMUS) e a mellora dos espazos urbanos céntricos.

Por último, analizáronse tamén as distintas posibilidades de financiación destas actuacións a través de axudas de plans comunitarios, estatais, autonómicos e provinciais destinados á mellora ambiental e ao fomento dunha mobilidade urbana que teña como prioridade as persoas. A estratexia executarase en cada caso en estreita coordinación cos proxectos desenvolvidos e a desenvolver no futuro dentro das aportacións da Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Caldas de Reis.

Fonte | Faro de Vigo