Caldas rehabilita 26 vivendas grazas ás axudas do ARI | Observatorio de Vivenda

Caldas rehabilita 26 vivendas grazas ás axudas do ARI

Caldas rehabilita 26 vivendas grazas ás axudas do ARI

Caldas de Reis finalizou a reforma de 26 vivendas do seu casco histórico recentemente. Todas elas levadas a cabo a través do programa de axudas das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI). En total, 154 966 euros foron os presupostados para as rehabilitacións nas parroquias de Santo Tomé e Santa María, declaradas ARI en 2017. Ademais, a totalidade dos proxectos contaron cunha bonificación do 95 % do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO).

Fonte| Faro de Vigo