California asina leis para controlar os prezos do alugueiro na crise da vivenda que padece | Observatorio de Vivenda

California asina leis para controlar os prezos do alugueiro na crise da vivenda que padece

California asina leis para controlar os prezos do alugueiro na crise da vivenda que padece

O Estado de California, en Estados Unidos, atópase sumido nunha profunda crise da vivenda, onde o número de persoas sen fogar non deixa de incrementarse. Así, dende o goberno californiano comezáronse a asinar varias leis que limitan os prezos do alugueiro. En concreto, limítase a subida do algueiro a un 5 por cento anual máis a inflación, ademais de limitar as causas polas que se pode botar a un inquilino da vivenda. Segundo o gobernador de California, arredor dun terzo dos inquilinos pagan máis da metade dos seus ingresos no alugueiro e están en risco de ter que deixar a vivenda.

Fonte.- El País