Cambre aproba a construción dunha urbanización de 77 vivendas | Observatorio de Vivenda

Cambre aproba a construción dunha urbanización de 77 vivendas

Cambre aproba a construción dunha urbanización de 77 vivendas

O concello de Cambre aprobou de maneira inicial o proxecto de urbanización de 28.657 metros cadrados, dos cales 7.927 son edificables, para a construción de 77 vivendas en Quintán, parroquia de Cecebre. Das 77 vivendas, 36 serán de protección oficial, mentres que as 41 restantes serán libres. Este proxecto, segundo o concello, forma parte dun conxunto de plans urbanísticos que prevén a construción de máis de 400 vivendas, destinando 112 a Vivendas de Protección Oficial.

Fonte.- La Opinión Coruña