Cantabria, Galicia e Cataluña sitúanse como as comunidades onde máis baixa a firma de hipotecas sobre vivenda en xullo | Observatorio de Vivenda

Cantabria, Galicia e Cataluña sitúanse como as comunidades onde máis baixa a firma de hipotecas sobre vivenda en xullo

Cantabria, Galicia e Cataluña sitúanse como as comunidades onde máis baixa a firma de hipotecas sobre vivenda en xullo

A comunidade galega situouse como a segunda comunidade autónoma española onde máis se reduciu a firma de hipotecas sobre vivendas no pasado mes de xullo, cun rexistro de 950 préstamos, un 30,2% menos que no mesmo período do ano pasado, segundo os datos rexistrados polo INE e recolleitos por Europa Press. A primeira comunidade con maior redución no número de hipotecas foi Cantabria (-31,1%); en terceira posición sitúase Cataluña (-25,8%).

Outros datos rexistrados correspóndense coas cancelacións de hipotecas, que en Galicia foron 1.994 préstamos, dos cales 1.351 eran sobre vivenda e en 1.794 o prestamista era o banco. Doutra banda, en 377 hipotecas realizáronse cambios rexistrais.

A nivel nacional, as hipotecas constituídas sobre vivendas reduciuse un 18,8% no mes de xullo respecto ao mesmo mes de 2022. O importe medio das hipotecas sobre vivenda baixou un 2,6% interanual, ata os 143.412 mentres que o capital prestado diminuíu un 20,9% ata rozar os 4.191 millóns de euros.

Fonte.- Cope