As casas rurais sofren a competencia das vivendas de uso turístico | Observatorio de Vivenda

As casas rurais sofren a competencia das vivendas de uso turístico

As casas rurais sofren a competencia das vivendas de uso turístico

Os datos do "Rexistro de Empresas en Actividades Turísticas da Xunta" (REAT) rexistran, no que vai de ano, a apertura de unicamente 2 casas rurais na provincia de Ourense (aumento de 79 a 81 establecementos), mentres que as licenzas para vivendas de uso turístico (VUT) aumentaron en 141, sumando 834 no territorio.

As VUT cuadriplican o número de camas ofertadas nos establecementos rurais. A ocupación do turismo rural no mes de xuño descendeu de 2.432 a 2.250 respecto a xuño do ano pasado de viaxeiros españois, aínda que aumentou en 18 visitas estranxeiras.

Os xerentes de varios establecementos consultados sinalan as VUT como "unha competencia desleal" debido a diferentes beneficios fiscais como non pagar o IVE ou carecer de regulación e control.

Fonte.- La Región