Case 350 técnicos e profesionais do sector participaron nas seis xornadas organizadas para difundir o Pacto Social pola Vivenda | Observatorio de Vivenda

Case 350 técnicos e profesionais do sector participaron nas seis xornadas organizadas para difundir o Pacto Social pola Vivenda

Case 350 técnicos e profesionais do sector participaron nas seis xornadas organizadas para difundir o Pacto Social pola Vivenda

As xornadas telemáticas organizadas pola Xunta para dar a coñecer o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025 entre os principais colectivos implicados na súa posta en marcha reuniron desde o mes de febreiro a preto de 350 técnicos e profesionais de diferentes colectivos relacionados co sector da vivenda.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, inaugurou esta mañá o último dos seis webinarios promovidos con este fin e que, nesta ocasión, ía dirixido a concellos e entidades locais. Así, a responsable autonómica dirixiuse aos case 60 técnicos e responsables municipais inscritos para agradecerlles o seu papel tanto na elaboración do devandito documento, como na posta en práctica do medio cento de medidas que inclúe.

Ademais, este último webinario sobre o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025 tamén serviu para que o IGVS dera a coñecer a nova plataforma informática de núcleos rurais impulsada co fin de facilitar o contacto entre propietarios de inmobles localizados en ámbitos abandonados e persoas interesadas na súa adquisición para poder rehabilitalos.

Fonte | IGVS