Case o 7% do PIB catalán represéntao o sector da construción e promoción | Observatorio de Vivenda

Case o 7% do PIB catalán represéntao o sector da construción e promoción

Case o 7% do PIB catalán represéntao o sector da construción e promoción

O sector da construción e promoción de vivenda representa preto do 7% do PIB de Cataluña según constatou o monográfico "O sector da construción e promoción na economía catalá", da Cátedra de empresa Vivenda e Futuro da Universitat Pompeu Fabra (UPF) e a Asociación de Promotors e Constructors de Catalunya (APCE). No documento realízase o cálculo do impacto económico, en diferentes variables como o PIB ou emprego, da actividade do sector sobre a economía da comunidade.

Entre os datos recolleitos destacan os 47.221 millóns de euros xerados coa produción, unha dotación de 398.647 postos de traballo equivalentes a tempo completo e un valor engadido bruto de 24.300 millóns de euros.

Cada euro de gasto do sector da vivenda en Cataluña xera 1,29 euros na súa economía.

Fonte.- La Vanguardia