Casi o 80% dos propietarios españois levou a cabo unha reforma en 2021 | Observatorio de Vivenda

Casi o 80% dos propietarios españois levou a cabo unha reforma en 2021

Casi o 80% dos propietarios españois levou a cabo unha reforma en 2021

Segundo un estudo realizado por Velux, una compañía de fabricación danesa, o 49% dos españois propietarios dunha vivenda levaron a cabo algún tipo de renovación ou mellora no fogar durante 2021. Como afirma o estudo, o 49% dos propietarios están preocupados pola sostenibilidade dos productos e materiais adquiridos para as reformas do fogar, aínda que o prezo segue a ser a prioridade número un para os 66% dos enquisados.

A investigación levouna a cabo YouGov para a campaña "Renovar para la vida" de Velux, ten como finalidade analizar a actitude o interés dos españois respecto as melloras no fogar e a súa sostenibilidade. A enquisa levouse á cabo en 8 países, e desvela que aumentou a consideración por un diseño de interiores con menor impacto medioambiental.

Os datos amosan que o 41% das reformar ou melloras adícanse a pintar, o 31% a adquirir novos mobles e o 26% a redistribuír as estancias e redecorar. Asímesmo, o perfill que máis reformas levou a cabo foron as familias propietarias dunha casa con fillos. Segundo os datos do estudo realizado por Velux, o 81% dos fogares con fillos realizou algunha mellora no fogar, frente ao 62% de casas sen nenos. Por outra banda, o 70% dos fogares onde viven propietarios realizou algunha reforma fronte ao 62% dos fogares ocupados por inquilinos.  E finalmente o 74% dos enquisados que viven en casas realizaron algunha mellora fronte os 66% dos que viven en alugueiro.

Fonte | El Economista