Cataluña abre unha convocatoria para subvencionar a promotores que constrúan vivendas de alugueiro con protección oficial | Observatorio de Vivenda

Cataluña abre unha convocatoria para subvencionar a promotores que constrúan vivendas de alugueiro con protección oficial

Cataluña abre unha convocatoria para subvencionar a promotores que constrúan vivendas de alugueiro con protección oficial

A Generalitat de Cataluña, a través da Axencia da Vivenda, abriu unha convocatoria de subvencións, con fondos procedentes do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, dirixida aos promotores privados que queiran construír vivendaa de alugueiro con protección oficial. 

A convocatoria ten a vontade de continuar traballando na amplificación da oferta de pisos asequibles de alugueiro e, segundo a tipoloxía da axuda, pódense acoller promotores, tanto persoas físicas como xurídicas, que promovan este tipo de vivenda por un periodo mínimo de 25 anos destinado a persoas con ingresos por debaixo dos 33.838 euros. 

As vivendas que se vaian a construír non poden superar os 90 metros cadrados e disporán dunha certificación enerxética A ou B. Ademáis, as rendas dos inquilinos non poden superar os límites establecidos e estes deben estar inscritos no rexistro de solicitantes de vivendas de protección oficial. 

 

Fonte | idealista