Cataluña, a comunidade que máis grava o sector inmobiliario | Observatorio de Vivenda

Cataluña, a comunidade que máis grava o sector inmobiliario

Cataluña, a comunidade que máis grava o sector inmobiliario

A consultora BDO publicou un estudo acerca das imposicións tributarias, tanto locais coma rexionais, no sector inmobiliario. Impostos tales coma o de transmisións patrimoniais, sobre bens inmobles, sobre actos xurídicos documentados ou sobre as vivendas vacías, son algunhas das imposicións que, en suma, supoñen un 13 por cento da recaudación tributaria total do país. Nestes datos, en comparación, Cataluña ocupa o primeiro lugar en gravames, aplicando nove dos dez impostos analizados no estudo, seguida de Navarra, Asturias e Aragón. Galicia, pola contra, aplica seis dos dez impostos analizados, froito dunha política de fomento do invesitmento.

Fonte.- El Economista