Celébrase a reunión de constitución da sección técnica do Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia | Observatorio de Vivenda

Celébrase a reunión de constitución da sección técnica do Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia

Celébrase a reunión de constitución da sección técnica do Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia

O pasado 26 de abril celebrouse nas instalacións do Instituto Galego de Vivenda e Solo a segunda reunión do Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia (OVG), creado pola Xunta de Galicia e composto por representantes dos axentes da edificación vinculados co sector da vivenda en Galicia.

Nesta sesión expuxéronse os avances acadados dende a primeira reunión celebrada o 16 de febreiro, na que se debatiu sobre as diferentes seccións de traballo coas que conta o organismo e se plantexaron os primeiros temas cos que traballar. De igual maneira establecéronse novos obxectivos para os vindeiros meses.