Cen fogares pediron axuda pública ata xuño para pagar a vivenda na provincia da Coruña | Observatorio de Vivenda

Cen fogares pediron axuda pública ata xuño para pagar a vivenda na provincia da Coruña

Cen fogares pediron axuda pública ata xuño para pagar a vivenda na provincia da Coruña

Na provincia da Coruña, 101 fogares solicitaron apoio do programa Reconduce da Xunta no cinco primeiros meses deste ano para poder pagar a vivenda. En 92 casos tiñan ameaza de desaloxo por falta de pagamento do alugueiro e 9 pola hipoteca. Son case o 71 % das 143 peticións (126 por falta de pagamento de alugueiros e 17 de hipotecas) do 2020, o que supón un ritmo maior que no 2019, cando foron 198 no ano (171 e 27, respectivamente), segundo ese programa autonómico.

En total, en 29 meses, 442 familias e persoas reclamaron apoio de axudas públicas para non perder a súa vivenda, cun especial incremento no último ano.

Así, entre 2013 e 2020 realizáronse na provincia 989 lanzamentos: A Coruña (384), Ferrol (140), Betanzos (136) Santiago (103), Carballo (56), Ribeira (51), Noia (42), Ordes (23), Ortigueira (16), Muros (8), Padrón (7), Corcubión e Arzúa (3 en cada).

Fonte | La Voz de Galicia