A cidade de Amsterdam prohibe a construción de novos hoteis para controlar o turismo de masas | Observatorio de Vivenda

A cidade de Amsterdam prohibe a construción de novos hoteis para controlar o turismo de masas

A cidade de Amsterdam prohibe a construción de novos hoteis para controlar o turismo de masas

A capital de Holanda non vai permitir a construción de novos complexos hoteleiros como medida para loitar contra o turismo de masas, aínda que esta medida non se aplicará a hoteis novos que xa obtivesen o seu permiso previamente. Desta forma, a única maneira de que se poida construir un hotel na cidade é despois de que outro hotel peche, se non aumenta o número de plazas ou se o novo hotel é mellor ou máis sostible que o anterior. Súmase a unha política sobre a construción de hoteis xa estrita, mediante a cal tan só había 3 propostas dende 2017 que cumprían os requisitos.

Esta medida forma parte dun paquete para reducir o turismo de masas, entre as cales atópase a redución do número de cruceiros fluviais autorizados a atracar nas súas augas, e a limitación ao número de autocares que chegan á cidade. O obxectivo deste tipo de medidas é impedir que o número de pernoitas de turistas supere os 20 millóns, como parte da iniciativa popular "Ámsterdam ten unha opción" mediante a cal 30.000 residentes pediron que se controlase o fluxo de visitantes na cidade. 

En total, Amsterdam ten preto de 42.000 habitacións de hotel con capacidade para 92.000 persoas, segundo os datos do instituto estatístico do país. Outras cidades europeas tradicionalmente turísticas, como Venecia, está tamén aplicando medidas para controlar o crecente número de turistas, como cobrar a os visitantes que fagan excursións dun día polas rúas do centro da cidade os fins de semana e algúns días festivos. 

Fonte.- Idealista