A cidade de Berlín conxela o prezo dos alugueiros por 5 anos | Observatorio de Vivenda

A cidade de Berlín conxela o prezo dos alugueiros por 5 anos

A cidade de Berlín conxela o prezo dos alugueiros por 5 anos

Os gobernantes da cidade de Berlín decidiron actuar contra a subida continuada dos prezos dos alugueiros. Na capital alemá, soamente o 18 % da poboación residente é propietaria, polo que o aumento nos prezos das vivendas arrendadas afecta á maioría da sociedade berlinesa. 

Estas novas leis establecerán por 5 anos límites e niveis para a cantidade que pode ser ingresada por unha vivenda, dependendo das súas condicións e características. A oposición política teme que xere incerteza nos inversores do mercado inmobiliario.

Fonte| The New York Times